- Año: 1987
- Capítulos: 99
- Estudio: Sunrise
- Género: Comedia, Gastronomía
Cociñando uns pratos
Argumento
Dentro do mundo da gastronomía, existe unha célebre asociación que acolle aos mellores restaurantes do mundo. Este organismo está presidido polo Rei da Gastronomía, un famoso degustador e crítico que avalía dende fai anos a cociña do país xaponés. Él é un home moi estrito e fai duras críticas cando remata cun prato que non lle gusta, pero aínda é peor con aqueles que forman parte da súa gran organización.
A pesar de ter un criterio tan elevado, non duda en visitar restaurantes humildes. Nunha das súas visitas a un restaurante de barrio atopa a un cociñeiro con moito potencial que o deixa abraiado pese a súa curta idade. Este rapaz chamado Sushi quere converterse nun gran cociñeiro e para demostrar o seu talento empezará a participar en diversos concursos culinarios. ¿Seguirá demostrando a súa valía ante o Rei da Gastronomía?
Trama e Desenrolo
Igual que moitos outros rapaces, eu dende pequeño vin o Xabarín Club e disfrutei de moitas series animadas, aínda que me gustaban especialmente aquelas procedentes de Xapón. Non obstante, esta foi das poucas series que pasaron desapercibidas para min e por ese motivo tiven que vela fai pouco tempo. Durante o escaso tempo que a estiven vendo, ocurréuseme facer un cambio e escribir esta pequena crítica na miña lingua natal. Poderíase considerar unha especie de homenaxe, aínda que a miña expresión en galego por escrito ten moita marxe de mellora. Así que discúlpenme aqueles galegos que me len a miúdo.
É probable que moita xente descoñeza este dato, pero O gran Sushi (ou tamén titulado en xaponés Mister Ajikko) é dos primeiros animes de temática culinaria. No eido do manga as cousas eran diferentes, pero no medio animado era algo completamente novo. A partir de el, xurdiron outras apostas semellantes como Oishinbo (1988) ou Easy Cooking Animation: Seishun no Shokutaku (1989). En tempos máis modernos, destaca a adaptación dun dos novos éxitos da Shonen Jump: Shokugeki no Souma (2015).
O Gran Sushi é un anime que trata sobre un rapaz talentoso cuxo soño é ser un profesional da cociña e para iso participará en diversos concursos culinarios para probar a súa valía e ir mellorando cada vez máis. Dito así soa bastante normal, pero a execución desta premisa pode resultar bastante ridícula pola maneira tan seria en que se toman o arte de cociñar. Non chega a niveis tan absurdos como en outros animes, pero a maneira en que ven este traballo parece como se fora algo moi importante para a vida. En certa maneira é como se aplicaran rasgos do shonen típico a algo que é máis normal, pero a esaxeración e o énfase están ben presentes. Algo habitual é ver como Sushi se enfrenta a algún cociñeiro de gran reputación ou algún degustador. Normalmente eles serán escépticos respecto as súas habilidades e tomaranse como unha afrenta o so feito de que o rapaz intente retalos.
Pero centrándonos máis no “appeal” da serie, o aspecto máis interesante do anime radica en seguir o percorrido do rapaz no mundo gastronómico mentras se enfronta a toda clase de chefs coa súa propia especialidade como a cociña italiana ou alemana ou ben algún prato en concreto como pode ser o arroz con polo. A serie intenta crear tensión a partir desta pregunta: ¿será capaz de sorprendernos e satisfacer o apetito do cliente ou xuíz de turno? Desta maneira cada poucos episodios observamos como Sushi se esforza en buscar novos métodos ou receitas coas que conseguir o seu propósito. Non se pode negar o enxeño e esforzo do cativo. Algúns capítulos convértense nun proceso de experimentación pola súa parte, xa que ten que dar coa fórmula adecuada ata que queda satisfeito. A veces trátase de encontrar un ingrediente coas condicións adecuadas, pero outras busca un equilibrio entre os diferentes compoñentes do prato. De forma semellante ao que ocurre nunha fórmula química, hai que ter coidado con todo para que o resultado sexa perfecto. Ademais isto ven aderezado coa presenza de rivais recurrentes que competirán en máis dunha ocasión contra o noso protagonista.
Un punto interesante do anime é que a preparación dos pratos soe vir acompañada de explicacións máis ou menos sinxelas para que entendamos mellor o que están facendo os cociñeiros. Non obstante, esta exposición a veces é innecesaria ou ben resulta pouco natural pola intervención de certo “chibi” que estende as explicacións demasiado como se fora un programa de cociña. Por este motivo, un pode chegar a pensar que esta serie é máis ben un programa de cociña camuflado en forma de serie animada. Outra debilidade xeral desta adaptación é a cantidade enorme de episodios que ten. Un total de 99, o cal é un número bastante esaxerado na miña opinión dada a simpleza do argumento e polo tanto non é difícil aburrirse pronto. De outro lado, a animación non é gran cousa e parece talmente unha das decenas de producións da Toei porque non sobresae en ningún apartado, sendo especialmente xénericos os deseños de personaxe. Por último, xustamente os personaxes non teñen moito de que fardar. A súa caracterización é algo pobre debido a que o foco principal concéntrase na cociña. En términos de presenza ou atractivo tamén saen perdendo xa que son moi comúns, sobre todo a familia e a amiga de Sushi que son personaxes pasivos que soamente están aí para ofrecer algunha axuda ou ben probar novos pratos.
Calificación: 5
0 Comentarios